Friday 03 de May de 2024

O Concello remata os traballos de colocación de novas mallas na pista de Rabazal


O Concello de Miño acaba de finalizar os traballos de colocación de novas mallas e redes no peche da pista de Rabazal.

Esta intervención supón un considerable incremento das condicións de seguridade para as persoas usuarias e unha importante renovación do espazo. Os elementos substituídos presentaban numerosas deficiencias como consecuencia do uso e o paso do tempo.

Proximamente iniciaranse os traballos de acondicionamento no pavimento da pista e das gradas.